Como análise final, imos comentar a integración das TIC na aula e nas actividades didácticas propostas, seguindo o modelo de ACOT.
Na actividade de material de refugallo non levamos a cabo as tres primeiras fases: acceso, adopción e adaptación, xa que nesta proposta non se empregan as novas tecnoloxías como ferramenta dixital, senón coma un obxecto. Comezamos entón pola cuarta fase, a de apropiación. Esta consiste na utilización das TIC coma un elemento de apoio e cooperación para a aprendizaxe. Finalizamos coa última fase, a de invención, demos renda solta a nosa imaxinación, e con dúas torres e unha pantalla simulamos unha cociña, xa que esta fase consiste en innovar coas novas tecnoloxías.
Para a actividade de Realidade Aumentada (RA) precisamos as cinco fases.
Primeiramente a etapa de acceso, para descargar e empezar a usar a aplicación do móvil HP Reveal. Despois a fase de adopción, coa que aprendemos a utilizar dita aplicación coa axuda da profesora. As fases de adaptación e apropiación, nas que pensamos en como integrar as opcións da aplicación na nosa cociña feita de material de refugallo. E por último a fase de invención, na que unha vez coñecido o funcionamento, engadimos auga caíndo nun vaso, un pastel dentro do forno e lume saíndo da vitrocerámica.
Na actividade de narrativa dixital podemos
dicir que a fase de integración das TIC que se leva a cabo é a de apropiación, xa que grazas á tecnoloxía podemos contar o conto dunha maneira que sen a tecnoloxía non sería posible, é dicir, podemos incorporar as voces dos nenos e nenas á narración e traballar con imaxes en movemento.
No póster, levamos
a cabo todas as fases. A fase de adopción a completamos sen dificultades xa que
temos adquiridas as leccións básicas das Novas Tecnoloxías. As dúas seguintes fases de adopción e adaptación as cumplimos, porque
mediante esta actividade apoiamos e integramos as TIC na aula. A fase de
apropiación a cumplimos xa que aprendemos a utilizar “Genially” que é a
plataforma onde realizamos o póster e cumplimos os obxectivos buscados. Por
último a ultima fase completada foi a de innovación, onde innovamos porque o
póster ten elementos interactivos e non é unha nota informativa sinxela, é
moito máis vistosa.
O libro
interactivo multimedia atópase na fase de apropiación puesto que gracias a la tecnología se incorporan novas formas de traballo que sen ela non sería posible, entre elas, a inclusión de elementos multimedia (animaciones, vídeos, fotos, audios..); o libro multimedia ofrece a posibilidade de corrección inmediata sen necesidade do docente; e ademais, permite a actualización e adaptación persoal.
Comentarios
Publicar un comentario