Libro Multimedia Interactivo


Durante as clases do 10 de Outubro e 17 de Outubro traballamos con libros multimedia interactivos. Cremos que son un bo método para introducir as tecnoloxías na aula. Os nenos poden facer uso da PDI ou, se teñen á súa disposición, tabletas.
Este tipo de recursos son moi recomendables debido a que son orixinais, permiten crear contidos novos en calquera momento e abordar diferentes temas. Entre as súas vantaxes tamén se atopa o nivel de adaptabilidade, os libros multimedia pódense adaptar ás necesidades de cada neno (disfuncións físicas, dificultades de comunicación, trastornos como TEA...). Ademais, a través do conductismo, trabállanse os reforzos e os "castigos", erros; os exercicios promoven a aprendizaxe a partir dos erros grazas ao feedback. Cando este é negativo permítese volver realizar o exercicio e ofrece unha nova oportunidade para aprender. Entre as debilidades destes recursos está a necesidade de ter acceso a Internet para poder utilizalos, outra delas é que requiren dunha formación tecnolóxica e por tanto necesitan coñecementos técnicos específicos, por outra banda non sempre levan a cubrir a nosa idea inicial. O noso equipo creou un libro interactivo sobre as emocións debido a que nos parece unha temática con gran importancia para a etapa de Educación Infantil. Utilizamos o programa EdiLim con 5 páxinas, o programa ofreceunos varias posibilidades de xogo a partir das cales creamos distintos xogos. Parécenos un programa moi práctico e sinxelo de utilizar, por iso, a nosa experiencia cos libros multimedia interactivos é positiva.

PÁXINA INICIAL



   EMPARELLAMIENTO DE IMAXES DE PERSOAS MOSTRANDO DIFERENTES EMOCIÓNS



CLASIFICACIÓN DE IMAXES ENTRE FELICIDADE E TRISTEZA


RECOÑECEMENTO DE SONS E ASOCIACIÓN DAS IMAXES COAS EMOCIÓNS CORRESPONDENTES 


BÚSQUEDA DAS EMOCIÓNS NA SOPA DE LETRAS


IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS EN EMOTICONOS E EMPARELLAMIENTO CON IMAXES DE PERSOAS REAIS

AUTORÍA DO LIBRO MULTIMEDIA

Lembra: as tecnoloxías son un recurso máis que, cun correcto uso, poderemos ampliar a nosa fronteira de traballo. Os recursos multimedia teñen numerosas vantaxes se se usan correctamente, isto é un bo motivo para a incorporación dos mesmos na aula.




Comentarios