Realidade Aumentada



REALIDADE AUMENTADA 

Na nosa proposta de actividade engadimos a RA (Realidade Aumentada). 
O noso grupo consta dun xogo realizado con material de refugallo; dúas torres, unha simula unha neveira e a outra xunto cuns discos e tapóns imita unha vitrocerámica; cunha pantalla de ordenador, fixemos un forno; e con restos de materiais, unha mesa pequena. Con esta actividade queremos que nenas e nenos aprendan a través do xogo simbólico, e para darlle realidade utilizamos a realidade aumentada. Para levalo a cabo descargamos a aplicación HP Reveal no móvil, que funciona da seguinte maneira: primeiramente, sácase unha foto do lugar onde queremos simular esa realidade. A continuación, colocamos o obxecto en cuestión no sitio indicado. Despois gárdase, de maneira que a seguinte vez que enfoquemos ese lugar, poderemos obsevar na pantalla o obxecto seleccionado, coa intención de mostrar unha realidade que en verdade non existe.

Consideramos a RA unha forma perfecta para que nenas e nenos utilicen e esten en contacto coas novas tecnoloxías a vez que dan cabida a imaxinación e mírano como algo máxico. A través desta actividade podemos observar o coñecemento do mundo que teñen nenas e nenos. 

A continuación pomos algunhas imaxes do traballo realizado xunto con exemplos da realidade aumentada empregada. 


Nas seguintes imaxes observamos o material nun primeiro momento e na seguinte fotografía o resultado final tras manipulalo: 




 A continuación mostramos o que podemos ver na pantalla cando usamos a aplicación: 






E por último unha imaxe na que se pode apreciar a realidade que aporta a Realidade Aumentada a esta actividade de xogo simbólico: 


Moitas grazas por visitarnos!



Comentarios